Arzúa destina máis de 280.000 euros á mellora de viais no rural

0

Arzúa, 22 de marzo do 2019 – O goberno de Arzúa investirá nos vindeiros meses 280.006 euros no acondicionamento do firme en diversas pistas das parroquias do rural municipal.

Na Xunta de Goberno, celebrada este xoves, o equipo que encabeza o alcalde de Alternativa por Arzúa, José Luís García, deu luz verde á contratación das obras de mellora e acondicionamento de distintos camiños no rural. O que vai dende o lugar de Seixas a San Salvador; mellora do vial que conduce de Cortobe a Rourís, na parroquia de Burres; e a pista que vai dende Boente ata o lugar de Outeiro. O goberno municipal destinará un total de 156.403 euros ao arranxo destes camiños, situados en zonas de notable tránsito e moi empregados polos veciños e veciñas do rural para as súas tarefas gandeiras e agrícolas.

Tamén acordou a realización dos derradeiros trámites para a adxudicación das obras de mellora noutros catro importantes viais. Mellorarase a capa de rodadura da pista que vai dende Masusao (Maroxo) a Lema e da que discorre dende o lugar de Castromil á Igrexa da Mella. A mesma actuación terá lugar na parroquia de San Martiño, en concreto nunha pista no lugar de Goimil  e noutro vial no lugar do Orxal. Estas actuacións contan cun orzamento de 123.03 euros.

O alcalde de Arzúa, José Luís García, destacaba a importancia destas obras “que repercutirán beneficiosamente na calidade de vida dos nosos veciños e veciñas  e que axudarán a conservar en bo estado o firme dos viais da zona rural do noso municipio que é unha das nosas prioridades como goberno”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial