Arzúa deu a saída ao Entroido cun concurso de disfraces

0

Arzúa, 26 de febreiro do 2019 – Arzúa deu inicio á programación do Entroido coa celebración este domingo da festividade de Don Carnal. Un Concurso e Desfile de Disfraces que sacou á rúa ducias de persoas para disfrutar dun certame moi concorrido tanto de concursantes como de público.

Arzúa repartiu máis de dous mil euros entre os gañadores de este primeiro concurso de Entroido, repartidos en trece premios. Na modalidade de comparsas resultaron gañadores “As criaturas máxicas do bosque”, que chegados de Toques levaron o primeiro premio de 550 euros, “Hasta el infinito y más allá” de Monterroso e “ANPA Xogos” desde Vilasantar acadaron o segundo e o terceiro posto, dotados de 300 e 150 euros, respectivamente.

No apartado de grupos de entre dous e oito compoñentes, “Entroido quente, millo valente” de Palas de Rei alzouse co primeiro premio de 300 euros, “Indíxenas” de Melide co segundo de 200 e “Unicornios” chegados de Toques co terceiro, dotado de 120 euros.

Os disfraces individuais tamén se premiaron con 100, 60 e 40 euros no apartado infantil e adulto. No primeiro resultou gañador o disfraz “Non me des a chapa” vestido por Álex de doce anos, o segundo premio foi para “A ver se agora me fas caso” e o terceiro para o disfraz “Fada dos libros” da arzuá Aroa, de seis anos. No que respecta aos disfraces adultos, os premiados foron “O invasor indegradable”, “Krampus, mito o leyenda” e “Transformer” que conseguiron o primeiro, segundo e terceiro posto, respectivamente.

Un ano máis, o Concello incluíu no certame un premio especial denominado “Simpatía” que ía dirixido a un grupo ou comparsa local que non resultara premiado nas categorías anteriores. A comparsa “A Banda dos Pallasos do Club de Xubilados” fíxose con este galardón.

En total achegáronse a Arzúa preto de trescentos participantes tanto de Arzúa como de outros concellos que fixeron disfrutar a un Multiusos Terra do Queixo abarrotado de xente.

A programación do Entroido organizada polo Departamento de Cultura continuará a vindeira fin de semana con animación musical, a Festa Retro e o Baile de Entroido.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial