Arzúa acolleu o I encontro de emprendedores do Camiño Francés

0

Arzúa, 18 de marzo do 2018 – O Centro de Formación EFA Piñeiral de Arzúa acolleu o primeiro encontro de emprendedores do Camiño Francés, no que participaron unha trintena de profesionais.

A este encontro de emprendedores acudiron responsables  de oficinas do Peregrino, empresarios de establecementos hoteleiros, restauración, de transporte, técnicos en proxectos europeos para o desenvolvemento rural e docentes entre outros perfís profesionais. O evento marcouse como obxectivo descubrir as necesidades formativas dos empresarios e emprendedores vencellados ó Camiño, a análise dos valores e riquezas do patrimonio cultural inmaterial do Camiño de Santiago así como o intercambio de experiencias e opinións que poidan conducir a acadar un consenso que de pé á elaboración dun código de boas prácticas deontolóxico.

Conchita Bernárdez, unha das organizadoras do evento, explicaba que  “Todos somos uns apaixoados co Camiño, esa é a esencia, todas as nosas empresas teñen nome propio, o noso, razón pola que se cabe debemos esixirnos unha maior calidade no noso servizo, e non nos cabe ningún tipo de dúbida de que  traballar unidos será a mellor opción para conseguilo; interactuar xuntos danos máis fortaleza”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies