Arzúa anuncia a proximidade do Entroido coa convocatoria do concurso de disfraces.

0

Arzúa, 11 de xaneiro do 2018 – Con motivo do Entroido 2018 o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza un desfile de disfraces, para o domingo 4 de febreiro ás 17:00 horas, no Multiusos Terra do Queixo de Arzúa. Para fomentar a participación convócase o concurso con máis de dous mil euros en premios para repartir entre catro modalidades.

Dado o éxito desta convocatoria nos últimos anos, o Concello mantén a reorganización das modalidades do certame continuando da seguinte maneira:

– Comparsas: Considéranse comparsas un conxunto de persoas formado por un mínimo de 9 compoñentes representando un mesmo motivo. Os premios nesta categoría ascenden a 550, 300 e 150 euros.

– Grupos: Considéranse grupos un conxunto de persoas de entre 2 e 8 compoñentes representando un mesmo motivo. Os tres primeiros clasificados neste apartado levaranse 300, 200 e 120 euros.

– Individual infantil: nesta modalidade poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 16 anos.

– Individual adulto: para persoas de 17 anos en diante.

Os premios nas dúas categorías de disfraces individuais son de 100, 60 e 40 euros para os primeiros, segundos e terceiros postos, respectivamente de cada modalidade.

Este ano mantense o premio “Simpatía” dotado de 100 euros dirixido a unha comparsa ou grupo do municipio que non acade ningún dos premios anteriores co fin de apoiar a participación local.

As comparsas e grupos poderán optativamente presentarse apoiados dun móbil que terá unha altura máxima de 3 metros. A mesma persoa non poderá participar en máis dunha categoría.

Para participar no concurso hai que inscribirse previamente no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao 981500222 ata o 2 de febreiro, en horario de 8:30 a 14:30h. Tamén se poderá facer no Multiusos Terra do Queixo o mesmo día do concurso de 15:30 a 16:30 horas, como mínimo media hora antes de comezar o desfile. Poden solicitar máis información ou consultar as bases que rexen o concurso no Departamento de Cultura o una web www.concellodearzua.com.

Dende o Departamento de Cultura anuncian que nos próximos días darase a coñecer a programación completa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies