Arzúa e a Asociación Antonio Gandoy organizan os Espazos da Familia

0

Arzúa, 11 de setembro do 2018 – O Concello de Arzúa ten previsto acoller a partir do 18 de setembro a labor educativa desenvolvida pola asociación Antonio Gandoy baixo o nome de Espazos da Familia.

A misión principal da Asociación é preservar, difundir e dar continuidade ao labor socioeducativo desenvolvido polo programa Preescolar na casa. Os Espazos da Familia son un lugar e un tempo de encontro para a formación de nais e pais con nenos e nenas de 0 a 3 anos e tamén de futuros pais e nais. Os profesionais da Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy (mestres, pedagogos e psicólogos con ampla traxectoria educativa en Preescolar na Casa) deseñan actividades dirixidas a reforzar as competencias parentais, así como a dar resposta ás diferentes necesidades das nenas e dos nenos.

O lugar no que se desenvolverá o programa será a Aula multifunción (coñecida como Ludoteca) situada na planta baixa do edificio sociocultural María Mariño, ao carón do Club de Xubilados. As sesións, cunha periodicidade semanal, desenvolveranse nas mañás dos martes e nas tardes dos xoves e serán dunha hora e media de duración. A continuación destas sesións, as familias disporán dun tempo individual para aclarar dúbidas mediante unha titoría concertada.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar desta iniciativa ou que precisen resolver calquera dúbida pódense poñerse en contacto co teléfono 686 446 838 ou asistir a unha reunión ou ben o martes, 18 de setembro, ás 11:00 horas ou o xoves 20 ás 17:00 horas no lugar indicado. O prezo para participar no Espazo das familias de Arzúa será de 17 euros mensuais por familia, cuota reducida grazas á colaboración do Concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial