Queixo, música, pasos de vaca e Benedicta en Arzúa

0

Arzúa, 2 de marzo do 2020 – Tres días de actividades cheas de público foron a mellor representación do éxito da 45º edición da Festa do queixo de Arzúa.

Queixo, música, pasos de vaca e Benedicta en ArzúaDe todas a máis tenra foi o pregón de Benedicta,  unha muller que se está a converter por dereito propio a mellor representante do rural galego. Benedicta falou das vacas, do queixo, do rural e louvou a Galicia e cada unha das súas verbas.

A continuación do pregón inaugurou un paso de vaca, o quinto que se coloca de xeito permanente en Galicia; un xesto que servirá, tamén en Arzúa, para reivindicar o rural. Benedicta pasou a maior parte do tempo facéndose fotos con todos os que o pedían, sen unha mala cara e sen desfalecer nin un momento.

Queixo, música, pasos de vaca e Benedicta en ArzúaMúsica do mellor

Queixo, música, pasos de vaca e Benedicta en Arzúa

El Capitan Elefante, gañadores do concurso de maquetas de este ano, abriron o Festival do Queixo

Os concertos foron outras das actividades que levaron máis pública á carpa instalada na Praza da Feira arzuana. O de Tequila supuxo unha volta aos 80, cancións recoñecidas e escoitadas mil veces pero que non deixan de emocionar.

Queixo, música, pasos de vaca e Benedicta en Arzúa

Ariel Rot

Queixo, música, pasos de vaca e Benedicta en Arzúa

Alejo Stivell

Queixo, música, pasos de vaca e Benedicta en Arzúa

Tequila

O domingo Luar na Lubre puxo a nota máis folk, sinal de identidade do Festival desde os seus comezos.

Un éxito da organización

Tal como explicaba o alcalde, José Luís García, na rolda de prensa dada unha semana antes en Santiago, os cambios introducidos nos últimos anos foron todo un acerto. Desde a carpa, imprescindible xa, ata os dous días de concertos.

Na súa alocución, previa a intervención de Benedicta, García agradeceu a colaboración de todo o mundo e pediu algún remedio para que na fin de semana da Festa non chova porque “os ovos a Santa Clara non funcionan”.

Miles de persoas percorreron a Feira de produtos que acolleu queixos de todas partes e significou un ano máis unha oportunidade para probar e comprar algunha das mellores variedades locais e alleas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial