Arzúa inaugura unha exposición de antigas postais do Camiño

0

Arzúa, 15 de xaneiro do 2020 – O concello de Arzúa inaugura esta tarde, as sete e media na biblioteca municipal, unha exposición de antigas postais sobre o Camiño de Santiago.

Exposición de antigas postais do Camiño en ArzúaA mostra leva por título Camiño Com Postal e está impulsada desde Apecsa, a Asociación de Periodistas do Camiño de Santiago. Esta patrocinada pola Xunta de Galicia dentro do programa O Teu Xacobeo e recolle antigas postais dos distintos pobos polo que discorre a ruta.

A exposición estará aberta ata o próximo día 25. Na inauguración estarán presentes a concelleira de cultura, Aurora Varela Duro; o técnico de cultura, Marcos Pampín; o presidente de APECSA, Xosé Mª García Palmeiro, e o vicepresidente, Luís Celeiro; así coma o comisario da mostra, o xornalista e reporteiro gráfico José Manuel Salgado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial