займ срочно

Arzúa inaugura Bo Camiño na Capela da Madanela

0

Arzúa, 31 de xullo do 2017 – Este martes 1 de agosto as 19 horas terá lugar na capela da Madanela en Arzúa, a inauguración da exposición Bo Camiño formada por traballos de distintos artistas en torno a ruta xacobea.

A exposición estará situada durante todo agosto na capela da Madanela. Trátase dunha mostra multidisciplinar de artistas galegos na que o fío condutor é concepto do Camiño de Santiago.

Cada un dos artistas participantes  elixe unha obra da súa traxectoria na que para eles está representado o concepto ou o espíritu do Camiño de Santiago.  Unha obra acompañada dun texto persoal de cada artista sobre a súa percepción sobre o  Camiño , co que se pretende invitar o visitante a reflexión

A idea final da exposición da Madanela é construír unha imáxe contemporánea do Camiño a través da obra de artistas galegos. A frecha amarela interpretada por Jorge Agra, Xer Refojo, Jorge Espiral, e Marco;  as  botas de Toño de López, os pes do peregrino de Isabel Alonso; a rúa de Santiago de Xabier Carrasco; a representación da catedral de Rebeca Novo e Miguel Anxo Macia; as travesas do tren de Violeta Bernardo, a estación de chegada de Mila Vázquez; os palleiros de Baldomero Moreiras, a  palloza  do Cebreiro de Noa Persán, as  paisaxes   do Camiño de Germán Limeres,  Marcos Real  e Filipe Rodrigues , o xogo da oca de Honorio, o irmá do camino de Fernando Yáñez,  e os peregrinos de Camilo Seira, Oscar Aldonza e Luis de las Cuevs.

A capela  da Madanela foi a igrexa dun antigo mosteiro de frades agostiños, fundado no século XIV. A finais do XVII a comunidade foise para Santiago de Compostela, quedando abandonado o mosteiro de Arzúa, do que actualmente non se conserva nada. A capela, sen embargo, continuou aberta ao culto baixo a xurisdición do mosteiro de Compostela, deixando de depender deste coa desamortización de Mendizábal.O primitivo retábulo, datado no século XVI, era todo de pedra, e só se conserva del a predela, ubicada, actualmente, no lugar que se cre ocupaba antaño. Atópase na Rúa Cima do Lugar, no tramo urbano do Camiño de Santiago, foi reinaugurada, como sala cultural, o día 21 de xuño de 2006, coa exposición itinerante de Maruxa Mallo “A transgresión feita muller”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies