Arzúa acolle a exposición do Premio Castelao

0

Arzúa, 9 de setembro do 2017 –  A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, xunto co alcalde de Arzúa, José Luís García, visitaron a exposición coa obra de Fernando Llorente, premio Castelao,  na capela da Madanela de Arzúa.

Nun punto neurálxico dos tres Camiños de Santiago que atravesan o concello de Arzúa, na capela da Madanela, expóñense os debuxos de A carreta do diaño de Fernando Llorente, obra gañadora do X Premio Castelao da Deputación da Coruña. A mostra estará aberta até o vindeiro 20 de maio e coincide no tempo coa exposición na Casa da Cultura da mostra “Os mundos de Carlos Casares”, producida pola Fundación Carlos Casares que conta co apoio na súa itinerancia polos concellos da Deputación da Coruña. Na visita, Goretti Sanmartín e José Luís García atravesaron o tramo do camiño que pasa polo centro de Arzúa e que está a ser obxecto de obras de pavimentación financiadas polo Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.

A obra de Fernando Llorente fora seleccionada como gañadora do X Premio Castelao de banda deseñada por un xurado composto por Miguel Anxo Prado, Ana Miralle e Keko Godoy que destacou a “madurez tanto gráfica como do guión, cunha unidade de estilo perfectamente axustada á historia que conta”.  Sinalaba o xurado tamén que o autor mostraba “un fino e ocorrente sentido do humor a través de situacións e diálogos divertidos, solidamente estruturados e planificados e cuns personaxes moi eficaces e ben definidos”.

Fernando Llorente naceu en 1954 en Las Palmas de Gran Canaria mais leva tempo residindo en Galiza. É membro do Estudio Baobab da Coruña e, como ilustrador, traballa de maneira especial no mundo editorial, entre outras actividades.

O autor pasou a formar parte dunha listaxe de gañadores que iniciou David Rubín en 2005 e da que forman parte autores como Antonio Seijas, Jacobo Fernández, Mariano Casas, Daniel Montero, Brais Rodríguez, Iván Suárez e Ignacio Vilariño, Fran Bueno, Kiko Dasilva, Emilio Fonseca e, xa na edición deste ano, Bea Lema.

A exposición visitará despois os concellos de Vimianzo, Cariño e Pontedeume.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies