Arzúa compra unha finca en Melide para un aparcamento veciñal ao carón do cemiterio de Boente

0

Arzúa, 6 de outubro do 2017 – A Xunta de goberno de Arzúa ven de aprobar distintas inversións das que a máis curiosa é a que permitirá a compra dunha finca ao carón do cemiterio de Boente pero situada no concello de Melide.

A Xunta de goberno autorizou a compra de esta finca co fin de construír un aparcadoiro no lugar de Vitiriz, en Melide, pero esta obra era unha vella reivindicación dos veciños de Boente que non tiñan espazo suficiente ao carón do cemiterio. A finca que se comprará esta a carón do camposanto, ten unha superficie de 1.342 metros cadrados e a esta inversión dedícanse 6.000 euros.

A xunta de goberno de Arzúa tamén serviu para dar luz verde á rehabilitación dun inmoble no lugar de Lema de Abaixo que será destinado a local social para uso e desfrute dos veciños da parroquia. O inmoble é unha antiga construcción de pedra donada pola familia Martínez de la Riva. O alcalde de Arzúa, José Luis García, quixo agradecer a esta familia a súa boa vontade e disposición na doazón deste inmoble e explicaba que “unha vez finalizados os trámites para que o inmoble pase a ser de titularidade municipal, agora podemos proceder a contratar as obras para a súa rehabilitación”. O goberno municipal acordou adxudicar as actuacións de mellora e rehabilitación do local por un importe de 72.000 euros e poderían estar rematadas no mes de Nadal.

O alcalde amosaba tamén a súa satisfacción por poder atender unha petición que os veciños e veciñas de Lema viñan reclamando dende hai tempo, ao ser unha das poucas parroquias do municipio nas que aínda non contaban cunha infraestructura destas características. José Luís García está convencido de que “unha vez estea rehabilitado, o inmoble ademais de estéticamente fermoso será funcional e práctico e, a bo seguro, que aos veciños e veciñas de Lema lles será de moita utilidade”.

Os outros dous asuntos que tamén acapararon a atención na Xunta de Goberno teñen que ver co acondicionamento do firme de dous viais, cuxas obras de mellora comezarán nos vindeiros días. Trátase do camiño que vai de Vilasuso á Castañeda e outro que conduce dende Vilantime a Vilasuso, incluído para o seu finanzamento no Plan Provincial de Cooperación ás obras de servizos 2017.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies