Arzúa destina 90.000 euros á mellora de infraestruturas deportivas

0

Arzúa, 18 de outubro do 2019 – O goberno municipal do Concello de Arzúa procederá á mellora das infraestruturas deportivas do municipio mediante un investimento de máis de 90.000 euros.

Algunhas das actuacións que está previsto acometer en este tipo de instalacións xa deron comezo esta semana. Arzúa comezou o arranxo do  Pavillón de Deportes o Cruceiro de Santa María. Os operarios da empresa contratada están procedendo á substitución dos enchufes e interruptores do recinto, así como á colocación de novas luces de emerxencia.

Unha das actuacións máis importantes que se vai acometer no pavillón de deportes é a substitución das canastras, que xa estaban nun importante estado de deterioro, por outras novas de pé, modelo Mondowp.

O maior investimento que se realice irá destinado ao cambio do pavimento, que cunha antigüidade de preto de 30 anos, precisaba dunha mellora que o fixera máis cómodo e seguro para a práctica deportiva. O actual pavimento será substituído por outro  de pvc plastificado, con cargas minerais, estabilizantes e pigmentos.

O propio alcalde, José Luís García, explicaba que “todas estas actuacións estarán finalizadas antes de que remate o ano e son unha mostra máis do interese que o noso goberno sempre amosou pola defensa do deporte e da práctica deportiva, tentando coidar e manter en bo estado as importantes infraestructuras deportivas do noso concello,  da que fan uso a diario moitos das nosas veciñas e veciños”.

Actuacións no complexo deportivo do Viso

O pavillón de deportes O Cruceiro de Santa María non será o único recinto sobre o que se actue. Tamén se comezou a traballar no Complexo Deportivo do Viso, onde se concentra o maior número de infraestruturas deportivas de Arzúa.

As primeiras medidas son o repintado da pista interior do pavillón; unha actuación que está previsto remate en breve e  que, ademais de mellorar notablemente a imaxe do recinto, fará máis cómoda a práctica de diferentes modalidades deportivas.

Por outra banda, o goberno municipal levará ao vindeiro pleno, que se celebrará a finais deste mes de outubro, unha transferencia de crédito que permita contar co orzamento necesario  para a construción dunha cabina de prensa ao carón do campo de fútbol de herba artificial.

Esta infraestrutura faise necesaria dende que o equipo de fútbol masculino de Arzúa, o CSD Arzúa, milita dende esta tempada na Terceira División. Para que os medios públicos  poidan retransmitir os encontros con comodidade e seguridade é precisa a construción dunha cabina, que o goberno municipal contratará e estará en funcionamento antes de que finalice o ano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial