Novos produtos para a Feira de Arzúa

0

Arzúa, 5 de xuño do 2020 – O concello de Arzúa incorpora novos produtos á feira que se celebra dúas veces ao mes no Recinto Feiral Terra do Queixo.

A Feira de Arzúa foi das primeiras en reactivarse o pasado 8 de maio tras dous meses de confinamento. En aquela ocasión pasaron polo recinto máis de 500 persoas aínda que só se vendían plantas. Foi todo un éxito de participación dada a incerteza que se vivía tanto nos vendedores como nos clientes.

Con posterioridade, e xa na feira do 22 de maio, a gama de produtos postos á venda ampliouse á froita, hortalizas, pan, queixo  e polbo para levar. Cumprindo con todas as medidas de seguridade, os postos colocáronse todos no recinto feiral, segundo as medidas establecidas polos técnicos municipais, a excepción do polbo e planta ornamental que se situaron no lugar habitual.

A vindeira xornada de feira terá lugar este luns, 8 de xuño, coincidindo probablemente coa agardada terceira fase da desescalada. O persoal municipal está traballando estes días na organización do mercado que incorporará algunha novidade, entre elas o traslado de postos e a ampliación da variedade de produtos postos á venda.

Volverán a Arzúa as carnes, o bacallau e os churros. Estarán ubicados todos eles na primeira planta do recinto feiral, separados entre sí os metros necesarios para dar cumprimento á normativa actual. Compartirán espazo cos queixos, o pan e os ovos.

Unha das principais novidades será o traslado dos postos de froita e plantío para o sótano do Recinto Feiral. A nova ubicación responde á necesidade de espazo que requiren os postos máis grandes e ao feito de ter que cumprir cunhas normas que obrigan a gardar unha importante distancia entre cada un deles.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial