Arzúa remata as obras de mellora na contorna de Magulán

0

Arzúa, 28 de Nadal do 2017 – Arzúa remata, coincidindo co final do ano, as actuacións previstas no entorno de Magulán. Melloras que foron divididas en dous proxectos moi demandadas pola veciñanza.

As obras centráronse na colocación de beirarrúas no denominado Camiño de Magulán e en melloras no núcleo do mesmo nome.

Na primeira das actuacións déuselle continuidade á beirarrúa existente ao longo duns 25 metros. A actuación realizouse pola marxe esquerda, nos lugares onde non existían, e ata o final das edificacións. A beirarrúa é de características moi similares á xa existente, cunha baldosa de formigón  e o bordillo de granito. A empresa encargada de executar as obras foi Filloy, quen tamén se encargou de levar a bo fin as actuacións necesarias para a mellora do contorno de Magulán. Neste caso, o proxecto contemplou numerosas actuacións no ámbito do saneamento, escavacións en zanxas, perfilado de cunetas, revestimento de gabias para darlle maior ancho ao vial, colocación de taxeas e dun sumidoiro, arranxo do asfalto e bacheo da rúa perpendicular.

As actuacións contaron cun orzamento total de 35.415, 37 euros procedentes do remanente de tesourería municipal.

O alcalde de Arzúa, José Luís García, amosaba a súa satisfacción por poder ir “atendendo pouco a pouco as demandas veciñais” e sinalou ademais que “esta é unha actuación importante que levaban tempo demandando os veciños que viven e transitan pola zona porque mellora servizos básicos ao tempo que axuda a proxectar unha imaxe máis acorde co contorno”. O  rexedor quixo aclarar ademais que este tipo de actuacións que se financian integramente con orzamento propio é posible “grazas á boa xestión económica que logramos levar a cabo dende o equipo de goberno á hora de xestionar os recursos municipais”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies