Obras no rural e ampliación do parque infantil próximos traballos en Arzúa

0

Arzúa, 16 de Nadal do 2017 – O goberno municipal do Concello de Arzúa levará á vindeira sesión plenaria, o 18 de decembro, a aprobación de diversas obras e actuacións cun investimento próximo aos 400.000 euros.

As actuacións previstas concrétanse no acondicionamento de beirarrúas na Rúa do Viso, en obras de saneamento na parroquia da Castañeda, no acondicionamento da pista que vai do Viso á Quenlla, na mellora do vial de Cortobe á Peroxa; no arranxo dun camiño en Goimil (San Martiño de Calvos) e doutro vial no lugar do Orxal.

Outra das obras que irá a pleno será a ampliación e mellora do parque infantil coa instalación de novos xogos.

Todas estas actuacións contan cun orzamento global de 388.200,04 euros que serán financiadas a través do Plan Único de Concellos POS 2018 que promove a Deputación da Coruña.

O alcalde de Arzúa, José Luis García, agarda contar co apoio de todos os grupos políticos para a aprobación deste proxecto xa que se trata de actuacións necesarias e “solicitadas por moitos dos nosos veciños e veciñas e ás que pretendemos darlle respostas dado o seu interese xeral”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial