займ срочно

Arzúa organiza un Curso de inglés básico para hostalaría

0

Arzúa, 17 de xaneiro do 2019 – O concello de Arzúa, conxuntamente coa Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés  está organizando un Curso de inglés básico destinado ao persoal do sector hostaleiro do municipio.

A proposta formativa consistirá en dar a coñecer e practicar nocións básicas para desenvolverse na lingua inglesa na actividade cotiá dun local hostaleiro. O curso de inglés impartirase do 28 de xaneiro ao 8 de febreiro, de luns a venres, en horario de 17:00 a 19:00 horas na aula 1 do Multiusos Terra do Queixo.

Todas aquelas persoas interesadas en asistir ao curso poden anotarse no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamar por teléfono ao 981 500 222 ata o día 25 de xaneiro.

As prazas dispoñibles, un total de vinte e cinco, iranse cubrindo por rigurosa orde de inscrición tendo preferencia propietarios/as e empregados/as de establecementos hostaleiros. De quedar prazas libres, podería asistir tamén calquera outra persoa interesada.

O curso é totalmente gratuíto e o horario poderase modificar en función da dispoñibilidade dos asistentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies