Arzúa organiza en outubro e novembro  Outono a escena

0

Arzúa, 5 de outubro do 2017 – O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa pon en marcha por segundo ano consecutivo o programa cultural Outono a escena que dinamizará as fins de semana dos meses de outubro e novembro con actuacións teatrais e musicais para todos os públicos.

Outono a escena ofertará doce propostas culturais repartidas nos dous meses. A primeira delas terá lugar mañá venres, día 6, na Capela da Madanela onde terá lugar o monólogo de Marcos Pereiro que, baixo o título “Como ser armario empotrado”, dará comezo ás nove da noite.

Seguidamente, o sábado día 7 a música será a protagonista da man do dúo de corda ruso e español “Dúo dos púas” que chegará a Arzúa para actuar tamén na Capela da Madanela ás oito da tarde dentro do Encontro Internacional de Pulso e Púa.

Nas seguintes semanas contarase tamén co monólogo de Federico Pérez, co concerto de música clásica a cargo da Rondalla Moraima e coas actuacións teatrais das compañías Malasombra coa representación de “O caso é ter saúde” e Dínamo Teatro con “Polo humor de dous”, esta última no local social de Dombodán.

A programación de Outono a escena continuará no mes de novembro con actividades variadas e dirixidas especialmente ao público infantil.

O Concelleiro de Cultura de Arzúa, Miguel Vallo, explicaba que esta proposta “pretende ofertar un programa variado e dinámico do que poderán desfrutar todos os nosos veciños e veciñas de xeito totalmente gratuíto” e engadiu ademais que “na medida en que nos sexa posible procuraremos sempre que as actuacións teñan lugar tanto na vila como nas parroquias para así facilitar que todo o mundo poida desfrutar delas”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies