Arzúa acondicionará un novo aparcamento

0

Arzúa, a 13 de xaneiro do 2018 – Os operarios do servizo de mantemento do Concello de Arzúa traballan estes días nas labores de limpeza e acondicionamento dunha parcela de 13.257 metros cadrados situada ao carón da estrada N-547 en dirección Lugo, preto do final do casco urbano, ara destinala a aparcamento.

Crearanse un total de 450 prazas de aparcamento unha vez que o goberno municipal logrou regularizar a situación cos propietarios dos terreos tras numerosos trámites e despois de negociar e asinar un contrato de arrendamento.

Unha vez que rematen os traballos de limpeza, procederase á reparación do firme coa finalidade de acondicionar o espazo para que quede en condicións óptimas para o estacionamento de vehículos nunha zona  na que é moi necesario, dada a escaseza de prazas en esta zona.

O alcalde de Arzúa, José Luis García, explicaba que “trátase dunha importante noticia para o noso concello que axudará a minimizar un dos problemas aos que hoxe en día se enfrontan moitos municipios, a carestía de zonas de estacionamento gratuítas de vehículos”. O rexedor engadiu que aínda que algúns veciños estacionaban os seus vehículos na zona esta presentaba un estado de conservación moi deficitario e “foi necesaria unha regularización administrativa cos propietarios dos terreos para chegar a un acordo que nos permitira acometer as actuacións necesarias para mellorar o contorno e posibilitar  o estacionamento no mesmo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial