Paseos con saúde en Arzúa

0

Arzúa, 11 de febreiro do 2020 – O concello de Arzúa pon en marcha o programa Paseos con saúde pensado para que a veciñanza coñeca os balnearios do país.

Organizado desde o Departamento de Cultura, Paseos con saúde, consiste nunha serie de viaxes que se realizarán os venres 21 de febreiro e 27 de marzo a Mondariz e Termas de Cuntis, respectivamente. A saída será ás 9:00h e o regreso ás 14:30, aproximadamente.

Paseos con saúde en ArzúaEn cada sesión poderase gozar da instalación de maneira libre durante un tempo máximo de dúas horas, pasando pola súa piscina activa con camas de auga, bancos de hidromasaxe, pescozos de cisne, chorros verticais, sauna, jacuzzis, etc.

O Concello encárgase do transporte e organización das saídas e as persoas inscritas custearán a entrada ao balneario correspondente. Póñense a disposición das persoas interesadas un total de 55 prazas por cada excursión que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición e deberá haber un mínimo de 15 inscritos.

Segundo se indica dende o Departamento, todas aquelas persoas que desexen apuntarse á primeira saída organizada para o vindeiro 21 de febreiro a Mondariz, poden facelo a partir deste venres, 14 de febreiro, entre as 8:30 e as 14:30h na Oficina de Cultura e Deportes, podendo anotar como máximo a un acompañante por cada solicitante.

Lembran tamén que a Oficina de Cultura e Deportes está situada no edificio sociocultural María Mariño, na rúa Padre Pardo nº 33, 1º andar (ao carón de Radio Arzúa). Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 981 500 222.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial