Arzúa presenta Outono a escena

0

Arzúa, 29 de setembro do 2020 – O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, que dirixe a edil Aurora Varela, organiza o programa cultural Outono a escena que chega a quinta edición.

Outono a escena ofertará catorce propostas culturais repartidas en outubro e novembro. A primeira delas terá lugar este sábado, día 3, no Local Social de Santa María ás seis da tarde onde actuará Iria Estévez co espectáculo musical “Caminhos do Fado”. Trátase dun proxecto centrado na lusofonía que abre as portas doutras músicas chegadas dende Brasil, Cuba ou México. O dúo formado por Iria Estévez e Gonzo Piña será o encargado de interpretar un repertorio composto principalmente de fado e cantiga galega.

Na xornada do sábado 10 de outubro a Capela da Madanela acollerá unha actuación teatral enmarcada no proxecto Camiño Escena Norte que trae a Arzúa a compañía asturiana Luz, micro y punto e o espectáculo de teatro infantil e familiar “Celeste”. A actuación terá lugar ás seis da tarde e completarase cun obradoiro infantil de iniciación ao teatro de sombras o día anterior, venres 9, dirixido á rapazada de 6 a 10 anos. Esta actividade realizarase na Biblioteca Municipal de 17:30 a 19:00h. Para participar en calquera destas dúas actividades incluídas no proxecto Camiño Escena Norte será necesario inscribirse previamente no teléfono 981500222 ou no correo cultura@concellodearzua.com.

Nas seguintes semanas contarase tamén coas representacións teatrais de “A tartaruga Manola” a cargo da compañía A Laberca o domingo 18, con narración oral da man de Tarabela Creativa e a obra “Costureiras” que se representará o día 25 e a presentación do libro de Severino Fernández Abel “Unha matanza esquecida” o sábado 31 de outubro.

A programación de Outono a escena continuará no mes de novembro con monólogos e actividades dirixidas ao público infantil para conmemorar o Día do Infancia.

Todas as actuacións levaranse a cabo cumprindo rigorosamente os protocolos de hixiene e prevención fronte á Covid-19.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial