Cinefórum para comezar coa programación de verán de Arzúa

0

Arzúa, 3 de xullo do 2020 – O concello de Arzúa inicia esta tarde a programación cultural do verán cun cinefórum en torno a proxección da curtametraxe “trala porta”, protagonizada pola actriz arzuá Lidia Veiga.

Arzúa debate con esta cita sobre a diversidade sexual que celebra o seu Día Internacional.  O cinefórum complementa o programa provincial impulsado pola Deputación da Coruña dentro da campaña “Ser e sentir”.

Os protagonistas da curta, Lázaro e Chloé, viven unha realidade que é común a moitas persoas, onde tanto por influencia familiar como pola presión social, vense subxugados a vivir unha vida que non lles pertence. Esta produción acadou varias seleccións oficiais, entre as que destacan a candidatura aos Premios Mestre Mateo 2020, a nominación a Mellor Deseño Sonoro nun festival de Romanía e a selección en certames de lugares como a República Dominicana, Ourense ou Arxentina.

Despois do visionado terá lugar un coloquio moderado polo técnico de cultura Marcos Pampín no que participarán Lidia Veiga, o director Alejandro Rodríguez e o público asistente. Esta cita terá lugar na Aula 3 do Multiusos Terra do Queixo ás 20:00h e celebrarase garantindo todas as medidas de hixiene, control de aforamento e distancia entre persoas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial