займ срочно

Arzúa reclama que se manteña a liña de autobús con Coruña

0

Arzúa, 2 de setembro do 2020 – O alcalde de Arzúa, José Luís García, vén de asinar un escrito no que reclama o mantemento da liña de autobús que facía o percorrido Vila de Cruces Coruña.

O escrito será remitido á Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia. A solicitude é compartida polos concellos de Mesía, Vila de Cruces, Boimorto, Carral e Abegondo; todos eles directamente afectados por esta decisión do goberno autonómico. O documento insiste na necesidade de que a Xunta dea un paso atrás na súa intención de suprimir a única liña de autobús que comunica estes concellos entre sí e coa cidade da Coruña.

Arzúa reclama que se manteña a liña de autobús con CoruñaA eliminación desta liña provoca un descontento xeneralizado de toda a veciñanza dos concellos polos que discorre, considerando isto  un grave prexuízo para os  municipios do rural. Según o concello “accións desta índole chocan de cheo coas mensaxes propagandísticas que se fan chegar á opinión pública da aposta por un rural vivo e dinámico”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies