Arzúa rende homenaxe a Ana Kiro no calendario para o 2019

0

Arzúa, 20 de decembro do 2018 – O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa comezará nos vindeiros días a repartir entre a veciñanza  o calendario para o ano 2019 de forma gratuíta.

Os calendarios son de doce láminas mensuais e unha portada dedicadas este ano a Ana Kiro, continuando así a homenaxe que se lle rendeu na última edición da Festa do Queixo. Cada folla permitiranos, ademais de mirar os días festivos ou as lúas correspondentes a cada mes, observar fotos da artista, recortes de prensa, curiosidades ou letras de cancións.

Coincidindo coa Feira de Nadal, este sábado 22 de decembro, farase o primeiro reparto dos calendarios entre os asistentes a partires das doce do mediodía e nos vindeiros días farase unha nova quenda por diversos locais de Arzúa e polas parroquias.

Os veciños e veciñas que residan na propia vila de Arzúa poderán recoller o novo almanaque na Casa do Concello, Oficina de Cultura e Deportes e Biblioteca Municipal. E, ademais, nos seguintes establecementos que colaboran cada mes colocando os carteis da programación cultural: Bar Pedrito, Casa Nené, Bar Praza, Parrillada Europa, Bar Ameixa, O Furancho de Santiso, Bar Karper, A Queixeira de Arzúa, Bar Luis, Bar Manolo, Café Teatro, Librería Cartafol e Os Picariños. Tamén estarán dispoñibles no Centro de Saúde e Piscina climatizada.

Os veciños das parroquias poderán recollelo nos bares e tabernas correspondentes ou, onde non os haxa, na Igrexa parroquial ou contactando co correspondente alcalde pedáneo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial