займ срочно

Arzúa avalía a situación do sector turístico local

0

Arzúa, 21 de maio do 2020 – A concelleira de Arzúa, Begoña Balado, reuniuse con representantes do sector turístico para estudar necesidades e priorizar accións a desenvolver no futuro.

Na cita, celebrada de xeito virtual, estiveron presentes persoas do comercio local, dos albergues, da restauración, dos hoteis e doutros colectivos relacionados co sector turístico. Coa idea de coñecer de primeira man a situación actual na que se atopan os empresarios locais do sector a raíz da crise xerada polo covid-19, a concelleira de turismo escoitou as demandas dos afectados para poder ir dando os primeiros pasos dunha resposta que axude a coller impulso a un dos eixes importantes do tecido económico do municipio.

As persoas que participaron no encontro coincidiron en destacar a necesidade de que se articule unha regulación que lles garanta a apertura dos seus negocios con total seguridade, tanto para o seu persoal como para a súa clientela. Incidiron ademais na  importancia de aunar esforzos para camiñar dun xeito coordinado de cara a facer de Arzúa un destino seguro.

Balado asegurou o compromiso do goberno local para o impulso de medidas que permitan, na medida do posible e dacordo cos recursos dispoñibles, anticiparse e contribuír a paliar os efectos do impacto económico producido pola crise sanitaria neste sector.

A concelleira socialista  explicou que “durante as pasadas semanas o equipo de goberno traballou en dar resposta ás necesidades máis urxentes de diferentes colectivos e agora estamos estudando posibles vías de colaboración para a reactivación do sector turístico, entre moitas outras medidas”.

O goberno local tratará de potenciar os diversos e valiosos recursos turísticos que posúe o noso municipio, planificando acción vinculadas ao Camiño de Santiago, ás enormes posibilidades do turismo rural, ás rutas de sendeirismo e á posta en valor do noso produto estrela, o queixo con denominación de orixe Arzúa-Ulloa.

En palabras de Begoña Balado “o goberno municipal intentará colaborar e ser útil  no impulso de todas aquelas medidas que economicamente resulten viables e conten co respaldo do persoal técnico municipal que é quen debe informar e avalar a súa idoneidade”.

En canto sexa posible, o concello de Arzúa dará a coñecer as accións concretas que se irán poñendo en práctica, unha vez se avance nas fases da desescalada e se coñezan de xeito máis concreto as directrices e as normativas ás que obrigan as administración estatais e autonómica. É fundamental coñecer con certeza, insiste Begoña Balado, “o papel que finalmente deberán asumir os concellos na xestión dun futuro tan complexo como esperanzador”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies