Arzúa organiza a segunda edición de Arte na Rúa

0

Arzúa, 11 de setembro do 2019 –  Unha ducia de artistas confirmaron a súa participación no que será a  segunda edición de Arte na rúa que organiza o Departamento de Cultura do concello de Arzúa.

Arte na Rúa celebrarase este venres día 13 e forma parte da programación de verán.  Coa colaboración de Sumarte o obxectivo é que pintores e escultores realicen obras ao aire libre e en directo na contorna da Capela da Madanela, coincidindo co paso do Camiño Francés pola vila.

Arte na rúa ArzúaAs creacións artísticas inspiradas no Camiño de Santiago por Arzúa faranse de 10:30 a 13:30 horas da mañá e despois terá lugar un xantar de confraternidade.  Como novidade, este ano, ofrecerase unha visita guiada gratuíta a cargo da coordinadora do proxecto, Cristina Carballedo. O punto de saída será ás 12:30 h. na oficina de información turística.

Ás sete da tarde inaugurarase a mostra das obras realizadas na Capela da Madanela coa colaboración de Alberte Ribero e con petiscos de queixo DOP Arzúa-Ulloa. A galería estará aberta do 16 ao 20 de setembro na Madanela en horario de sete a oito e media e con visitas guiadas gratuítas todos os días as sete e media.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial