Arzúa celebrará unha nova edición do Día do Comercio Local

0

Arzúa, 23 de outubro do 2019 – O Concello de Arzúa  inicia unha nova campaña para dinamizar as compras no municipio e faino organizando a sétima edición do Día do Comercio Local, que se celebrará o 8 de decembro.

O Día do Comercio Local pretende continuar a promoción do comercio e a hostalaría do municipio aproveitando a proximidade da campaña de Nadal e a feira quincenal. Como en anos anteriores, organizarase unha xornada con actividades, promocións e animación de rúa.

Día do comercio localPara poder deseñar unha proposta atractiva para o público en xeral, o Concello pide a colaboración, por un lado, do comercio para que ese día ofrezan descontos, sorteos, vales de merca ou outras promocións.

Animan tamén aos locais hostaleiros a que se involucren nunha ruta de tapas para promocionar a gastronomía e os produtos de calidade da zona, así como, ao mesmo tempo, os nosos restaurantes, bares e cafeterías.

Como nas anteriores edicións, desde o Concello de Arzúa difundirase o evento, programaranse actividades complementarias e elaboraranse programas de man e cartelería con toda a información das actividades e das propostas que os locais comerciais e hostaleiros vaian definindo.

Os empresarios e empresarias interesados en participar deberanse anotar no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao teléfono 981 500 222. A inscrición é gratuíta e o prazo remata o vindeiro 7 de novembro.

A Concelleira de Promoción Económica, Mari Carmen Fuentes, anima a todos os comerciantes do municipio a participar nesta iniciativa que “supón un importante revulsivo para o noso comercio e convida a todos os veciños e veciñas a anotar nas súas axendas esta importante cita que lles permitirá coñecer a ampla oferta comercial do sector e desfrutar das vantaxes do comercio de proximidade”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial