Arzúa renova a sinalización de 15 parroquias

0

Arzúa, 8 de decembro do 2017 – O goberno municipal de Alternativa por Arzúa completará antes de finais de ano a renovación das sinais indicativas de 15 parroquias e aldeas do municipio.

En moitos dos núcleos rurais a instalación das novas placas informativas xa está rematada e noutras comezarán os traballos de sinalización nos vindeiros días, que se prevé estean rematados antes do 31 de decembro.

Trátase dun importante traballo que permitirá que, dende agora, o rural de Arzúa dispoña dunha sinalización homoxénea que, ademais, dará resposta a unha vella reivindicación veciñal das parroquias que, con asiduidade, reclamaban en cada unha das xuntanzas que o goberno municipal facía nos locais sociais, unha renovación  das sinais para dar solución aos problemas que existían para localizar os lugares, nuns casos debido á falta de sinalización e noutros dado o deterioro das placas informativas  ou á existencia de formatos distintos e confusos.

As novas placas informativas presentan un formato uniforme no seu conxunto e sinalan todas e cada unha das 15 parroquias e aldeas do termo municipal, xunto cos seus desvíos así como o cambio de lugar ou de núcleo parroquial. Os paneis reforzan, ademais, a identidade do territorio ao indicar o nome do municipio, das aldeas e da parroquia á que pertencen.

O proxecto para a renovación da sinalización contou cun orzamento global de 260.452,86 euros. O goberno municipal ten previsto dar continuidade a esta iniciativa no vindeiro ano 2018, acometendo esta actuación nas parroquias de Lema, Vilantime, Santa María, Viladavil, A Mella e Dombodán.

O alcalde de Arzúa, José Luis García, amosaba a súa satisfacción por poder facer realidade “o que, dende hai anos, viña sendo unha importante necesidade no rural do noso concello polos problemas que existían para identificar algúns lugares, debido a unha sinalización inexistente ou deficiente”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies