Venres de cine en Arzúa

0

Arzúa, 12 de abril do 2018 – Este venres continúa a programación de primavera no concello de Arzúa cunha nova sesión de cine inspirada nun libro.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza ata maio o ciclo de cine Libro de película no que as películas están baseadas en libros. Este venres a cita no telecentro, as oito da tarde,  é con Asesinato en el Orient Express baseado na novela de Agatha Christie. Con Penélope Cruz, Johnny Depp e Michelle Pfeiffer no reparto, conta a historia que trascurriu durante unha viaxe no lendario tren Orient Express, no que o detective belga Hercules Poirot investiga un asasinato cometido no traxecto e no que todos os pasaxeiros do tren son sospeitosos do mesmo.

Durante a proxección, como en calquera cine, haberá flocos de millo de balde e ao remate da mesma realizarase un sorteo dun lote de libros entre todos os asistentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial