займ срочно

Arzúa acolle unha xornada de Escape Room dentro do programa Caminos de Ciencia

0

Arzúa, 28 de agosto do 2019 – O Concello de Arzúa, a través do Departamento de Cultura, informa que o vindeiro sábado, 7 de setembro, acollerá unha xornada de Escape Room de dentro do programa Caminos de Ciencia.

Caminos de Ciencia é un proxecto de divulgación científica organizado pola empresa Ceo Aberto e que conta co patrocinio e a colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

O proxecto consiste na celebración dunha actividade de Escape Room que se desenvolverá en diferentes municipios do Camiño de Santiago, entre eles Arzúa. Terá lugar no Multiusos Terra do Queixo de 5 a oito da tarde.

As Escape Rooms foron concibidas inicialmente como un xogo para público xuvenil e adulto no que un grupo reducido de persoas, é encerradas nun espazo, dispoñen dun tempo limitado para saír del. Para fuxir deben resolver quebracabezas, superar retos e enfrontarse a enigmas.

Arzúa escape room caminos de cienciaRealizaranse un máximo de cinco pases cun aforo de 25 participantes en cada un deles. Cada quenda dura corenta e cinco minutos. A inscrición é gratuíta e hai que ter un mínimo de 10 anos para poder participar.

As inscricións formalízanse na páxina web www.caminosdeciencia.site. Poden solicitar máis información contactando co Departamento de Cultura no teléfono 981 500 222 ou no enderezo electrónico cultura@concellodearzua.com.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies