Arzúa reclama á Xunta a limpeza urxente da contorna do Centro de Saúde

0

Arzúa, 29 de maio do 2018 –  Ante o estado de abandono  que presentan os arredores do Centro Médico de Arzúa cuxas tarefas de coidado e mantemento corresponden á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o alcalde de Arzúa púxose en contacto días atrás con persoal do centro de saúde para que lle trasladasen ao departamento correspondente da administración autonómica a urxente necesidade de proceder ao adecentamento da zona.

Centro de saúde de ArzúaO goberno municipal amosou así a súa preocupación ante  a situación de abandono que sufre a contorna do Centro de Saúde.  Un problema que comparten todos os veciños e veciñas do municipio, que en reiteradas ocasións nos últimos tempos veñen manifestando o seu malestar ante a desagradable imaxe que ofrece un edificio público, ubicado en pleno centro urbano e que se atopa nalgún dos seus laterais invadido por maleza.

O alcalde de Arzúa, José Luís García, deixou patente o seu malestar ante “a desidia do organismo responsable de manter en boas condicións de salubridade e seguridade unha zona pola que transitan a diario ducias de veciños e veciñas” e insta á Xunta de Galicia a “proceder con urxencia á súa limpeza”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies