займ срочно

As ANPAs de Ames cítanse na rúa baixo o lema Ningún neno sen comedor

0

Ames, 30 de maio do 2018 – As Asociacións de Nais e pais de Ames acordaron manifestarse este xoves, antes do pleno mensual, baixo o lema Ningún neno sen comedor.

As ANPAS tomaron a decisión da asemblea conxunta que realizaron o pasado día 25. A falta de prazas de comedor segue sendo a principal motivación da convocatoria. O lugar elixido a Praza do Concello e a hora as sete e media da tarde, xusto unha hora antes do pleno ordinario que se celebra cada mes.

No comunicado no que convocan as familias do concello as ANPAS indican que ” a comunidade de pais e nais de todo o Concello pedimos que ningún neno/a con necesidades de conciliación, polos motivos que sexan, quede fóra do servizo”. Explican que na actualidade son 80 as familias que non teñen praza de comedor e non teñen posibilidade de conciliación. A situación obriga a buscar outro colexio, fóra do seu entorno, onde poidan conciliar.

As asociacións engaden no comunicado unha demanda de loita conxunta que remata coa frase “queremos conciliar non emigrar”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies