займ срочно

As bandas Populares protagonizarán 20 concertos na praza de Praterías de Compostela

0

Compostela, 15 de xuño do 2019 –  A nova edición do ciclo musical Música no Camiño, impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo, programa ata o mes de agosto máis de 20 actuacións de Bandas Populares na praza de Praterías de Compostela.

Esta fin de semana terán lugar os dous primeiros concertos. Hoxe actuará a Unión Musical Ponteledesma, dirixida por Roberto Hermida, e mañá domingo a Banda de Música Cultural de Teo, baixo a batuta de Álvaro Varela, en ambos casos, ás 20,30 horas. Como sempre Música no Camiño desenvólvese entre xuño e agosto con concertos gratuítos abertos ao público en xeral, especialmente dirixidos aos peregrinos que chegan á etapa final do Camiño de Santiago. Os repertorios incluirán obras populares galegas, música contemporánea para banda e adaptacións de música moderna.

Na edición deste ano a Consellería de Cultura e Turismo colabora coa Federación Galega de Bandas de Música Populares a través dun investimento de 60.000 euros que fará posible a participación dunha vintena de agrupacións que difundirán a cultura xacobea promovéndoa entre galegos e visitantes que viaxan á Comunidade durante o verán.

Este programa responde á intención de fortalecer a cidade como meta, un dos compromisos incluídos no Plan Director do Camiño de Santiago. Esta folla de ruta da Xunta vén desenvolvendo importantes melloras coa vista posta no Xacobeo 2021. A liña de actuación para reforzar o papel da capital galega inclúe a mellora dos seus elementos patrimoniais, optimización de infraestruturas e mellora dos servizos de atención, así como a posta en marcha de iniciativas de carácter cultural e turístico que dinamicen a experiencia dos peregrinos.

PROGRAMACIÓN DE MÚSICA NO CAMIÑO 2019

Lugar: Praza de Praterías

Horario: 20,30 horas

15 xuño. Unión Musical Ponteledesma

16 xuño. Banda de Música Cultural de Teo

22 xuño. A Lira de Ribadavia

23 xuño. Banda de Música Unión de Guláns

6 xullo. Banda Artística de Merza

7 xullo. Banda de Música da Vertula

2 agosto. Banda de Música Isabel II de Touro

3 agosto. Banda de música da UVCD de Candeán

4 agosto. Unión Musical de Valadares

9 agosto. Banda de Música Municipal de Caldas de Reis

10 agosto. Banda de Música Xuvenil de Torroso

11 agosto. Banda de Música Sementeira de Cambre

16 agosto. Unión Musical de Tenorio

17 agosto. Agrupación Musical Artística de Arcade

18 agosto. Agrupación Musical de Vincios

23 agosto. Banda de Música Popular de Rubiós

24 agosto. Banda de Música de Santádega

25 agosto. Banda Unión Musical de Meaño

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies