As bicicletas son para Vedra

0

Vedra, 11 de xullo do 2018 – O concello de Vedra retoma o aluguer de bicicletas como un xeito máis de dinamizar as visitas na época estival.

O aluguer de bicicletas é un servizo aberto todo o ano pero suxeito sempre a posibles cancelacións, normalmente por cuestións metereolóxicas polo que esta é a mellor época para coñecer distintas zonas do concello dun xeito distinto.

O servizo de préstamo de bicicletas está dirixido a persoas maiores de idade, se ben os menores con idade comprendidas entre os 16 e os 18 anos poderán gozar do servizo previa autorización expresa e responsable dalgún dos seus pais ou titores legais. Queda expresamente prohibido a alta e utilización do servizo a menores de 16 anos. Os horarios e puntos de aluguer son os seguintes:

De martes a domingo de 11:00 a 20:00 horas nos puntos de intermediación do aluguer de bicicletas:

Bar Quenllas: R/Manuel Texo nº 3, Santa Cruz de Ribadulla ( 42.776649, – 8.424904 ) Tfno.: 981 512 452

Bar Barreiro: Cibrán nº9, San Xián de Sales (42.814694, – 8.511153) Tfno.: 981 511 508

Ou chamando ao 981 814 612 concello de Vedra.

O tempo máximo permitido de utilización continua das bicicletas é de 6 horas. No caso de exceder este prazo aplicaranse as sancións correspondentes. O servizo poderá ser suspendido por causas de forza maior (climatolóxicas…). Os interesados en gozar do sistema de aluguer de bicicletas deberán previamente darse de alta no servizo nos Puntos de Intermediación. A tal efecto, deberán cumprimentar unha folla de inscrición e acompañala do documento nacional de identidade.

O custe do servizo é de 3 €, co límite de tempo fixado (6 h). Esta iniciativa na que colabora o concello está impulsada desde a  Asociación para a Dinamización e Promoción de Vedra “Casa dos Peóns”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies