As Crechas acolle unha exposición do pintor Luís Berroy

0

Compostela, 11 de febreiro do 2019 – Ata o 28 de febreiro podesde visitar na Casa das Crechas a exposición de pintura do artista catalán, residente en Arousa, Luís Berroy que leva por nome “pequena”

A mostra de Berroy amosa 12 cadros de pintura acrílica sobre lenzo, de diferentes tamaños, desde 20×20 cm a 1×1 m. É pintura abstracta, de técnica libre, que se expresa a través de manchas de cor xogando con contrastes cromáticos. O conxunto de ‘Pequena’ recolle obra creada nos últimos tres anos. Recibe este nome porque é unha pequena selección de cadros, intimista.

A pintura de Luis Berroy ten un estilo propio e radicalmente libre, que fuxe de convencionalismos e artificios. A súa proposta artística interpela directamente a un público, que non pode quedar indiferente ante a combinación cromática.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial