займ срочно

As escolas baixan por primeira vez o número de positivos por Covid (29/10/2020)

0

Bisbarra, 29 de outubro do 2020 – O número de positivos por Covid nos centros educativos na Área Sanitaria Santiago Barbanza descende por primeira vez nas últimas semanas.

As cifras facilitadas o pasado día 24 polo Sergas daban un total de 117 positivos, tras a fin de semana o martes 27 os datos chegaban aos 137 positivos pero onte baixaban a 133. O número de aulas pechadas é de 5 e os brotes máis importantes son en Santiago no Colexio La Salle con 7 positivos e Compañía de María con 6.

Bisbarra

O número de positivos por Covid na Área Sanitaria non segue esa tendencia e crece un dia máis. Onte mércores chegaban a 1186 positivos por Covid cando o martes eran 1128 e o luns 1122. O número de ingresados chega a 57 dos que once están en coidados intensivos.

Aumentan o número de concellos en alerta 3. A Santiago, Ames e Teo, que agardan un posible peche este venres, súmanse A Estrada, Silleda, Lalín e Muros.

En alerta 2, laranxa, están Boiro, Brión, Oroso, Ordes e Cerceda. Finalmente en amarelo se sitúan, Arzúa, Boqueixón, Mesía, Noia, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Vedra e Vila de Cruces.

Petición de responsabilidade

Desde Ames e Santiago fan un chamamento a acudir as probas PCR cando un é convocado. Tanto no Milladoiro os tantos por cento de resposta as chamadas do Sergas foron moi baixas e distintos responsables políticos de ambos os dous concellos o expresaban nas redes sociais apelando á responsabilidade da cidadanía.

O alcalde de Santiago era moi claro sobre este tema e se lamentaba onte de que só acudiran a mitad dos chamados, no ensanche da cidade, a facer unha PCR

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies