As imaxes de Ruth Matilda Anderson poderanse ver en Noia

0

Noia, 23 de xaneiro do 2019 – As instalacións da Sociedade Liceo de Noia acolleron a sinatura do convenio de colaboración para o achegamento á vila da exposición Unha mirada de Antano. Fotografías de Ruth María Anderson en Galicia.

O documento plasma as sinaturas do alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón; a coordinadora de Cultura da Fundación Galicia Obra Social, María Teresa Cores Fernández; o director da Banda Institucional da Coruña de Abanca Corporación Bancaria SA, José Manuel Vilariño; e o presidente da Sociedade Liceo, Óscar Prego. A obra de Ruth Matilda Anderson poderase ver na sala Francisco Creo do Liceo de Noia desde o 1 de febreiro ata o 3 de marzo de 2019. Estará aberta ao público xeral en horario de luns a venres de 09.00 a 23.00 horas e os sábados, domingos e festivos, de 10.00 a 00.00 horas.

Na súa intervención, o alcalde noiés agradeceu ás distintas entidades implicadas a posibilidade de “traer á vila esta exposición fotográfica na que a nosa vila aparece amplamente retratada. Precisamente unha das imaxes é da Fonte da Porta da Vila que, de seguro, suscitará moito interese entre a nosa veciñanza”.

O presidente do Liceo de Noia tamén agradeceu “esta oportunidade única de acoller unha exposición fotografía de gran importancia a nivel fotográfico. Esta mostra permitiranos coñecer de primeira man como eran os xeitos de vida a principios do século pasado e tamén valorar o traballo desenvolvido por unha extraordinaria fotógrafa como Ruth María Anderson”, asegurou.

Dende Abanca, o coordinador institucional salientou a importancia de promover “o traballo de proximidade coa actividade social e cultural nas vilas”. Precisamente por ese motivo se desenvolven iniciativas coma esta exposición itinerante que chega ao Liceo noiés logo de percorrer outros puntos da xeografía galega.

“No caso concreto de Noia, a mostra conta cunha ampla representación, cun total de 13 fotografías”, explicou María Teresa Cores. A coordinadora de Cultura da Fundación Galicia Obra Social lembrou que o propio día da inauguración da mostra –o 1 de febreiro ás 20.30 horas- ofrecerase “unha visita guiada a todas as persoas que asistan a este acto”. Ademais, “achegarase esta exposición dun xeito lúdico e de interese ao alumnado dos distintos centros educativos, promovendo percorridos guiados e obradoiros” en torno a esta colección de instantáneas.

Medio cento de imaxes das catro provincias

A exposición Unha mirada de Antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia, ofrece un percorrido polas catro provincias baixo a mirada desta fotógrafa. Esta colección é resultado das dúas viaxes que realizou a Galicia entre os anos 1924 e 1926. Nas súas instantáneas buscou reflectir os costumes do pobo galego a través das súas xentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial