займ срочно

As mulleres pararon na bisbarra

0

Bisbarra, 9 de marzo do 2018 – As mulleres pararon tamén na bisbarra e reivindicaron os seus dereitos. Non só iso se non que en tódolos concellos fixéronse actos para visibilizar o Día Internacional da Muller.

A continuación un pequeno resumo dalgunhas das concentracións e das actividades que as mulleres, e os que as apoian, fixeron na bisbarra de Compostela.

Ames

No concello de Ames as mulleres que traballan no concello, as da corporación e todos os que se quixeron sumar, concentráronse diante da sede municipal e leron o manifesto feminista polo 8 de marzo

Boqueixón

O Centro de Información a Muller de Boqueixón impulsou a creación dun mural feito por nenas e nenos do concello que foi exposto este 8 marzo como conmemoración do Día da Muller

Brión

As traballadoras do concello de Brión tamén pararon de 12 a 14 horas e concentráronse diante do consistorio. As da gardería, ante a imposibilidade de facer quendas que permitiran rotar nos paros, decidiron poñer pancartas diante da escola e recibiron o apoio do pais.

Frades

Un cento de persoas participaron no CPI de Ponte Carreira na iniciativa Retrato de Muller. Repartíronse unhas follas entre as nenas e os nenos e os cativos tiñas que facer un debuxo e escribir unha frase sobre unha muller para eles relevante.

Lousame

Lousame inaugurou unha exposición coas 35 imaxes participantes no concurso de fotografía Eu tamén traballo, nun acto no que se deu lectura a un manifesto en prol da igualdade

Melide

A Asociación de Mulleres de Melide organizou un programa na radio municipal polo que foron pasando mulleres do concello e no que se reivindicou, con conversas distendidas, o papel da muller na sociedade

Ordes

A Asociación de Comerciantes de Ordes,  ACORDES, foi a encargada de convocar unha concentración diante do concello a que se sumaron moitas mulleres e homes da vila.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies