As obras da Berberecheira de Chévere pasan por Compostela

0

Compostela, 15 de decembro do 2018 – O programa Festalegre abre as actividades coas tres obras nadas na Berberecheira, laboratorio de teatro sito no concello de Teo e xestionado por Chévere.

Goldi Libre, Salvador e Anatomia dunha serea son as tres primeiras producións da Berberecheira. O laboratorio de creación naceu a raíz da concesión a Chévere do Premio Nacional de Teatro e como forma de tirar rendemento de este premio. En Compostela, as tres obras poderán verse os días 17, 18 e 19 de decembro no Teatro Principal como parte do festival Festalegre, organizado polo Concello mentres que as funcións de Teo serán o 15, 16 e 17 de febreiro no Auditorio Constante Liste.

Berberecheira

A Berberecheira é unha iniciativa nacida en 2015 que forma parte do plan de residencia que Chévere desenvolve no Concello de Teo. O proxecto toma o seu nome dun banco marisqueiro situado na praia de Carnota. O seu obxectivo é utilizar como soporte a estrutura, os medios, o coñecemento, a experiencia e a proxección dunha compañía veterana como Chévere para apoiar proxectos de creación innovadores que desbordan o núcleo estable do grupo e ampliar así as voces e as poéticas vinculadas ao percorrido artístico da Compañía.

Espectáculos sementados na Berberecheira

Os tres espectáculos desenvolvidos ata o momento na Berberecheira son:

Goldi Libre: autorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe González é un traballo de teatro documento baseado nunha historia de vida do actor César Goldi. A obra trata sobre o movemento de insubmisión dos anos 80-90 do século XX en España, sobre as persoas que formaron parte do mesmo e sobre a súa exitosa estratexia de desobediencia e confrontación non violenta co aparato do Estado.

Datas: 17 de decembro no Teatro Principal de Santiago de Compostela e 17 de febreiro en Teo.

Salvador é unha obra de Borja Fernández a medio camiño entre o documental e a ficción teatral na que se combinan texto, movemento, música en directo e proxeccións de vídeo. Salvador trata sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os reencontros. Centra o seu interese nos casos de homes casados que emigraron sos a mediados do século pasado a Suramérica e no impacto da súa ausencia na configuración das comunidades locais, das familias e dos seus descendentes.

Datas: 19 de decembro no Teatro Principal de Santiago de Compostela e 16 de febreiro en Teo.

Anatomía dunha serea é unha peza de teatro documental e autobiográfica construída sobre a memoria e a experiencia personal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. Anatomía dunha serea fala das condicións en que se dá a vida na sociedade actual, de como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dun hospital ou dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados.

Datas: 18 de decembro no Teatro Principal de Santiago de Compostela e 15 de febreiro en Teo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial