займ срочно

As Regueifas de Ciencia debaten sobre a legalización da eutanasia

0

Compostela, 29 de novembro do 2018 –  Debe ser legalizada a eutanasia? As posturas fronte esta pregunta definen o próximo debate que abordará o ciclo de Regueifas de ciencia, e desenvolver este xoves 29 a partir das 20.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación.

Nesta ocasión, no debate defenderán a legalización da eutanasia a catedrática emérita de Filosofía Moral e Política da Universidade de Barcelona, Margarita Boladeras Cucurella, e Isabel Blanco Domínguez, directiva de Derecho a Morir Dignamente. En contra intervirán Francisco Javier Barón Duarte, da Unidade de Hospitalización do Servizo de Oncoloxía Medica do Hospital Universitario da Coruña, e Jacinto Bátiz Cantera, doutor en Medicina e Cirurxía e médico de familia.

Directo ou streaming

Regueifas de Ciencia é unha serie de debates en formato Oxford arredor de temas científicos controvertidos que se celebra por terceiro ano consecutivo.  Ao longo das dúas edicións anteriores tratáronse cuestións como a experimentación animal, a modificación xenética, a industria alimentaria, seguridade e privacidade dixital, ciencia e fe…

Os debates de Regueifas de Ciencia poden ser seguidos en directo dende a sala (entrada libre ata completar aforo), por streaming (a través de http://tv.usc.es/directo2.html) ou visualizados despois a través da canle de YouTube. “Tratamos de facilitar que calquera persoa interesada poida ver os debates. Mesmo poden preguntar aos relatores dende a casa e ser respondidos”, comentan dende o equipo organizador.

Regueifas de Ciencia, formada por profesores, investigadores e profesionais da comunicación científica, está promovida pola USC e financiada pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), pertencente ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Conta tamén coa colaboración de Leonor Parcero&Co. Nesta edición de 2018, Regueifas de Ciencia amplíase coa convocatoria de Regueifiñas, un certame de debate dirixido a centros de ensino secundario, bacharelato e ciclos medios de formación profesional.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies