займ срочно

As Xuntas locais de seguridade ratifican os baixos índices de delincuencia en Ames e Teo

0

Bisbarra, 10 de abril do 2019 – A subdelegada do Goberno, Pilar López Rioboo presidiu as Xuntas de seguridade locais dos concellos de Ames e Teo xunto cos alcaldes de ambos os dous municipios. José Miñones e Rafael Sisto.

En Teo a Xunta Local de Seguridade retificou o protocolo de colaboración que permitirá a integración de maneira definitiva da Policía Local no sistema  Viogen de loita contra a Violencia de Xénero. Este sistema está impulsado desde o goberno central como apoio as policías locais nas súas colaboracións coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. O convenio entre Ministerio e Concello permite que a Policía Local poida protexer ás posibles vítimas unha vez valorado o nivel de risco polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Xunta local de seguridade en Teo

De forma paralela, a Xunta Local de Seguridade acordou a creación dunha Comisión de Coordinación Policial en materia de violencia de xénero, na que formarán parte a Policía Local e a Garda Civil.

No caso do  Concello de Ames, a Subdelegación do Goberno quedou integrada na Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero, cuxo obxectivo é promover no ámbito municipal as políticas integrais para erradicar a violencia de xénero, e que reúne a representantes de administracións e colectivos implicados nesta loita. Ames iniciará tamén os trámites necesarios para incorporarse aos sistema Viogen coa intención de que na próxima reunión da Xunta Local de Seguridade póidase certificar xa a súa incorporación.

Xunta local de seguridade en Ames

As representantes da Subdelegación do Goberno trasladaron aos asistentes á Xunta Local de Seguridade as modificacións lexislativas introducidas polo Executivo en materia de loita contra a violencia de xénero, tras o real decreto mediante o que se devolveron competencias nesta materia aos concellos. Trátase dunha medida que foi complementada coa correspondente dotación económica, que se distribúe seguindo criterios de poboación.

Índices de delincuencia por debaixo da media

Por outra banda, os representantes das Forzas de Seguridade do Estado informaron da evolución estatística relativa á seguridade cidadá en ambos os municipios, nos que se constatou que os índices de criminalidade mantéñense por baixo das medias provinciais, autonómicas e estatais.

Neste sentido, no Concello de Teo produciuse en 2018 unha media de 20,9 delitos por cada 1.000 habitantes, mentres que no caso do Concello de Ames esta porcentaxe situouse no 27,18. En ambos os casos mantéñense en parámetros inferiores á media provincial, que é de 31,5, a media galega, de 28,9; e a media estatal, de 45,6.

É importante destacar que tanto a subdelegada do Goberno como os alcaldes mostraron a súa satisfacción pola boa coordinación das forzas de seguridade en ambos os municipios,  á vez que se evidenciou un incremento dos delitos relacionados coas novas tecnoloxías, centrados fundamentalmente en estafas por vendas a través de internet.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies