Ascensor acuático para a piscina climatizada de Arzúa

0

Arzúa, a 21 de outubro do 2017.- O Concello de Arzúa vén de instalar na piscina climatizada municipal un ascensor acuático de acceso ao vaso da piscina, que permita acceder a calquera persoa de forma autónoma e independente.

Ata o día de onte nas instalacións non existía ningún mecanismo destas características, conseguindo agora con esta intervención eliminar a barreira arquitectónica existente.

Dende o goberno municipal que preside o alcalde, José Luís García, fíxose un investimento de algo máis de 7.000 euros para facer realidade esta actuación que, tal e como explicaba o rexedor, “vai permitir que os nosos veciños entren na piscina de forma segura e autónoma”.

Aínda que calquera persoa pode facer uso desta nova infraestrutura, a nova plataforma está especialmente indicada para persoas con problemas de mobilidade ou de avanzada idade.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies