Nova asemblea da Asociación de Hostalería sobre a ordenanza de terrazas

0

Compostela, 27 de xullo do 2018 – Despois de que o pleno de Compostela aprobara as modificacións as ordenanzas de terrazas e ruído a Asociación de Hostalería convoca unha nova asemblea para decidir que accións tomar.

A asemblea celebrarase o próximo martes día 31 e o principal debate será, case con total seguridade, o cambio referido ao espazo a ocupar polas terrazas. As modificacións limitan o uso, nas novas terrazas, a fachada do local sen poder ocupar espazos colindantes como sucedía ata o de agora.

Esta é a segunda Asemblea que organiza a Asociación desde que o Concello anunciase a modificación da Ordenanza. Na primeira reunión, celebrada o 16 de xullo, os hostaleiros amosaron a súa preocupación polos cambios introducidos. O 19 de xullo celebrouse o Pleno onde se aprobou o texto – só co voto favorable de Compostela Aberta, a abstención do BNG e PSOE e o voto en contra do PP – abríndose entón un período para presentar alegacións.

O encontro do próximo martes 31 enmárcase, según a Asociación, dentro do obxectivo xeral da Xunta Directiva de fomentar o diálogo e a unión do sector en Compostela, escoitando as súas demandas e servindo de ponte coas distintas administracións para a defensa dos seus dereitos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial