ASISA novo Provedor Oficial de Saúde do Obradoiro

0

Compostela, 3 de agosto do 2017 – O Monbus Obradoiro e ASISA, asinaron un convenio de colaboración polo que a empresa se converte no novo Provedor oficial de saúde do club.

José María Peiteou, xerente de ASISA da provincia da Coruña e Lugo, explicou que “como compañía de saúde líder, entendemos que a saúde vén ligada claramente ao deporte e por iso estamos moi contentos con esta colaboración. Esperamos que vaia a máis, que o Monbus Obradoiro vaia a máis tamén, sempre xuntos da man”.

O conselleiro do club, Rafael Silva, foi o encargado de presentar “unha novidade na historia do club, que é ter un Provedor Oficial de Saúde” e explicou que “proporcionaranos medios e ferramentas que contribuirán ao benestar médico e físico do noso persoal”.

Rafael Silva confesou que “coa tripla alianza Obradoiro, HM Hospitais e Asisa, o noso equipo queda nas mellores mans posibles. Alberto Corbacho, sen ir máis lonxe, xa ten a súa póliza de saúde, aínda que co que traballou durante o verán esperamos que soamente a necesite cando teña gripe. Isto é soamente o comezo dunha relación que consideramos que ten moito percorrido por diante, tanto na vía do patrocinio, como na do negocio e de penetración na sociedade galega. Grazas a José María e a todo o equipo de ASISA por confiar no Monbus Obradoiro”, finalizou o conselleiro.

Pola súa banda, o xogador do Monbus Obradoiro, Alberto Corbacho, chanceou asegurando que espera “non ter que usar esta póliza” e que comeza unha nova tempada “con moita ilusión e con moitas ganas”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies