займ срочно

A Asociación Costavales presenta un proxecto de moeda local a través de APP

0

Santa Comba, 25 de setembro do 2018 – A Asociación Costavales presenta o proxecto “Dinamización e impulso da economía local a través da App Costavales”.

O proxecto cofinanciado polo Feader (Fondo Europeo Agricola de Desenvolvemento Rural) foi presentado no Agader a través do GDR 19 – Terras de Compostela, e ten como obxectivo impulsar a economía local fomentando o consumo de produtos locais e achegando o uso das novas tecnoloxías.

Inicialmente, o funcionamento dos  Costavales baseábase na emisión e posta en circulación dunha serie de vales en papel (en formato de billetes) que os usuarios dos comercios locais podían usar para pagar as súas compras ; é dicir, tratábase de vales trocables por produtos ou servizos locais. Os  Costavales podíanse empregar para pagar parte dunha compra (coma se dun desconto tratásese), ou a totalidade da mesma, segundo desexase cada comercio, dunha forma flexible. É dicir, algúns comercios podían aceptar o 50 % do pago por determinados produtos pero non por outros; noutros casos o comercio podía aceptar o 100 % en todos os seus produtos; outro só o 10 % en compras superiores a 100 € uros, etc.

Na actualidade ese vales en papel convértense nunha aplicación móbil para o uso dos Costavales, denominada Clickoin, é unha tecnoloxía moi sinxela baseada no mesmo sistema que o whatsapp. So é preciso descargar a App Costavales e solicitar a alta, achegando un nome e un número de teléfono, tras o cal recibirá un contrasinal, garantindo transaccións áxiles e seguras entre comercios adheridos e particulares.

A Asociación Costavales ten previsto establecer un calendario de presentacións en todo o territorio de actuación do GDR Terras de Compostela, que abrangue os concellos de Negreira, A Baña, Val do Dubra, Ames, Brión, Teo, Boqueixón, Vedra e as zonas rurais de Santiago de Compostela. O proxecto vai dirixido á Concellos, Asociacións, comercios e particulares.

No Concello de Santa Comba, a Asociación Costavales en colaboración coa Asociación de Empresarios, lanzará unha Campaña de Promoción do Comercio Local para a temporada de Nadal, que consistirá na emisión de bonos – desconto que permitirán un aforro de ata o 25 % nas compras de temporada. A finais desta semana convocará os seus asociados a unha reunión para explicarlles a dinámica desta Campaña.

Ademais a Asociación Costavales ven de asinar un acordo coa Asociación Deportiva de Pesca Xallas a través do cal esta entidade premiará ós seus socios a elaboración e entrega de estatísticas sobre o esforzo de pesca no Couto de Santa Comba (ríos Xallas e Abuín). Os premios repartiranse en Costavales.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies