займ срочно

A Asociación de Hostalería desconfía do proxecto mineiro para O Pino e Touro

0

Bisbarra, 12 de xuño do 2018 – Lindeiros quixo coñecer a opinión da Asociación de Hostalería sobre o proxecto mineiro e falou con Rita Sobrado, vicepresidenta da organización, sobre o impacto que pode ter no sector.

Aínda que a Asociación de Hostalería non ten tomado un posicionamento público sobre o proxecto mineiro para O Pino e Touro a directiva ten falado do conflito nas reunións que veñen mantendo. Lindeiros falou coa vicepresidenta da Asociación, Rita Sobrado, que ademais é veciña da zona e coñecedora desde hai tempo do entorno.

Rita Sobrado, segunda da fila dianteira comezando pola esquerda, na presentación da nova directiva da Asociación de Hostalería de Santiago e comarca

Sobrado describe moi ben cal e a dúbida que xurde en torno ao proxecto. Ademais de todos os informes contrarios dados a coñecer pola veciñanza e distintos colectivos. Rita pregúntase cal é a verdadeira mina

Nos últimos anos a crise golpeou a zona como sucedeu no resto do estado. Un dos xeitos nos que a xente puido saír adiante foi precisamente reconvertese e aproveitar o paso dos peregrinos con negocios vinculados ao camiño

Rita Sobrado ten claro que o Camiño de Santiago foi o que salvou a zona e si é certo que os novos postos de traballo poden vir ben, non o é menos que iso dura cinco anos porque foi algo que xa sucedeu. A secretaria da Asociación de Hostalería pide que si se fai o proxecto todo quede como antes de empezar

Unha opinión máis que levanta dúbidas sobre o impacto da mina e sobre si, incluso no caso de que se cumpran todas as garantías medioambientáis, realmente compensa o risco que se asumirá. A pregunta que queda no aire despois da conversa e cal é a verdadeira mina? cal pode ser a mellor para a zona?.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies