займ срочно

A Asociación de Hostalería explica porque non se sigue financiando o botafumeiro dos venres

0

Compostela, 9 de xaneiro do 2017 – No día de onte xurdía a noticia de que a Asociación de Hostalería non seguiría financiando o botafumeiro dos venres ao declararse insolvente.

imaxe do botafumeiro

Imaxe de Juantiagues

A nova aparecida nun medio de comunicación local cargaba a responsabilidade na asociación pola falta de recursos económicos ao que agora responde o colectivo co seguinte comunicado:

A Asociación de Hostalería Compostela quere facer constar que a publicación referida á non renovación do convenio do botafumeiro é incerta e tendenciosa tal e como foi publicada.

Ningunha das tres partes, Asociación de Hostalería, Cámara de comercio e Incolsa, aceptaron os termos expostos pola catedral.

Os termos usados de declaración de insolvencia e o resto da noticia carece de rigor e fundamento, supoñendo un ataque inxustificado contra a Asociación de Hostalería Compostela Certo é que Hostalería Compostela non pasa polo seu mellor momento económico, pero nunca eludimos o noso compromiso en continuar con esta boa iniciativa da que somos promotores. Así mesmo, queremos facer constar que a Asociación de Hostalería sempre aposta e traballa pola promoción turística da cidade e apoiará ou tratase de incentivar calquera acción nese sentido.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies