A Asociación Rapa das Bestas considera inxustas as críticas dos animalistas

0

A Estrada, 4 de xullo do 2018 – A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada) saíu, un ano máis, ao paso das críticas aparecidas nos últimos días por parte de colectivos animalistas como Libera ou a Fundación Franz Weber.

Para a Rapa de Sabucedo trátanse de “ataques errados e inxustos realizados desde un total descoñecemento da realidade”. O presidente da asociación, Henrique Bazal, desmentiu “rotundamente” que na Rapa das Bestas de Sabucedo se propicien as pelexas de garañóns dentro do curro e salientou que “os veciños de Sabucedo traballan todo o ano para coidar aos animais e mellorar as súas condicións de vida nos montes da contorna de Sabucedo”. Neste senso, apuntou que “a verdadeira defensa dos animais é subir ao monte durante os doce meses do ano, chova, neve ou faga sol, para facer desbroces, para construír e reparar peches, para habilitar zonas de pasto, para realizar tarefas de prevención de incendios e para coidar aos poldros ou cabalos que están febles ou enfermos”.

Bazal reitera que as críticas das organizacións animalistas son “ademais de oportunistas, tremendamente inxustas” e esperan que teñan “nulo percorrido administrativo”. Así, lamenta que cuestionen ata o cobro das entradas polo acceso ao curro, xa que “eses cartos serven para sufragar gastos vinculados á mellora das condicións de vida destes animais que habitan libremente no monte”. “Para a Asociación Rapa das Bestas, o curro, moito antes que festa ou espectáculo é traballo, porque serve para identificar e desparasitar aos cabalos, unha tarefa, esta última, que lles permite soportar mellor a súa vida salvaxe lonxe dos coidados que poden ter os cabalos mansos”, apunta Henrique Bazal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial