Astarot, Exit, Nao e Aphonnic no Nicrarock

0

Negreira, 16 de xuño do 2018 – O concello de Negreira ven de presentar a edición 2018 do Nicrarock, un dos festivais clásicos da bisbarra, que se celebrará o 13 de xullo no Campo do Coto.

O Nicrarock levou a Negreira nos últimos anos a grupos da talla de Heredeiros da Crus, Medomedá, La Banda del Camión, Terbutalina, Rif-Raf…. e grupos nacionais como Amaral ou Los Enemigos. Na edición 2018 as bandas galegas serán as protagonistas: Aphonnic, Exit, Astarot e Nao forman unha interesante mestura para un concerto moi potente.

Exit

O concerto será coma sempre no Parque do Coto, a entrada é de balde, e a hora de comezo as dez da noite. Abrira a noite Exit, un grupo de A Coruña que inclúe nos seus directos grandes clásicos do rock, desde Hendrix a Bowie, de AC/DC a Led Zeppelin. A continuación chegará desde Vigo o metal de Aphonnic, unha formación con dous discos no mercado (“Silencce” no 2003 e “Foolproof” no 2006 ) e que veñen de editar “6 baixo par” no que se pasan as cancións en castelán.

Aphonnic

Astarot e Nao pratos fortes

Despois dos xa mencionados chega o momento dos pratos fortes. Non hai moito que dicir de Astarot porque levaría moitísimo tempo. Fúndase no ano 1983 por catro rapaces en Cangas do Morrazo, dispostos a tocar versións heavys nos locais que daquela eran o berce do rock na sua zona. Na actualidade con máis de vinte discos no mercado, presumen de ser todo un referente do rock feito en Galicia.

Astarot

NAO chegan desde A estrada. Unha banda de rock creada para transmitir sensacións e sentimentos  mentres tocan. Formada por Pablo Carracedo “Jasper”, a guitarra e voz; Gustavo Brea “Gus”, á guitarra; Antón “Torroncho”, ao baixo, e Amós, encargado da batería, é sen duda un dos referentes do rock galego máis actual e veñen de sacar un tema anticipo do novo disco que presentarán en novembro.

Nao

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies