Mes da astronomía na Biblioteca Ánxel Casal

0

Compostela, 6 de novembro do 2017 – Un ano máis, a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago e no marco do programa Todocosmos, financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), acolle para o mes de novembro un ciclo de actividades dedicadas á Astronomía.

A presentación da programación tivo lugar o pasado xoves no Salón de

usc astronomíaactos da Biblioteca e servíu  para dar a coñecer o programa de actividades, que se desenvolverá do seguinte xeito:

Venres 10 de novembro: Obradoiro infantil de Astronomía dirixido a nenos e nenas de 4 a 6 anos. A actividade desenvolverase no Salón de actos de 17.30 a 18.30h. Requírese inscrición previa. O número máximo de participantes é de 20.

Venres 17 de novembro: Obradoiro infantil de Astronomía dirixido a nenos e nenas de 7 a 10 anos. A Óptica Val regalará un planisferio celeste a cada asistente. A actividade desenvolverase no Salón de actos de 18.00 a 19.00h. Requírese inscrición previa. O número máximo de participantes é de 20

Venres 24 de novembro: Obradoiro infantil de Astronomía dirixido a nenos e nenas de 11 a 14 anos. A actividade desenvolverase no Salón de actos de 18.00 a 19.00h. Requírese inscrición previa. O número máximo de participantes é de 30.

Este mesmo día terá lugar unha observación do ceo nocturno con telescopio (se as condicións meteorolóxicas non acompañan, trasladarase a outro día previo aviso ás persoas inscritas). A actividade iniciarase ás 19.00h no Salón de Actos cunha breve explicación sobre o que os participantes van poder avistar. A continuación, ás 19.30h iniciarase no exterior da biblioteca a observación dos astros a través do telescopio, cunha duración aproximada dunha hora. Requírese inscrición previa. O número máximo de participantes é de 50.

Para todas estas actividades precísase inscrición previa chamando ao 881 999 401 ou dirixíndose directamente ao mostrador do andar baixo da biblioteca.

Coa finalidade de completar este mes astronómico, a Biblioteca ofrece na Sala Infantil desde o 6 ata o 30 de novembro a mostra bibliográfica “Mes da Astronomía” na que amosa os fondos que posúe sobre esta materia para os máis pequenos.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies