займ срочно

Ata final de mes o PP de Teo manterá reunións veciñais

0

Teo, 10 de xaneiro do 2019 – Desde hoxe xoves e ata o 30 de xaneiro, o PP de Teo  establece un calendario de reunións cos veciños das parroquias, que se celebrarán sempre as oito e media da tarde.

José Manuel Guerra, portavoz do grupo municipal popular e candidato á alcaldía polo PP de Teo,  inicia hoxe a oitava edición de Escoita Activa, un programa intensivo de xuntanzas veciñais en todas as parroquias do Concello.

O ciclo, que se desenvolveu dun xeito estable ao longo da actual lexislatura, supuxo a aportación de máis de 200  propostas veciñais ao Concello, que o grupo popular canalizou durante estes catro anos, servindo en moitos casos de interlocutor entre os veciños e o propio Concello.

Esta nova edición de Escoita Activa comeza na parroquia de Lucí, no auditorio municipal. José Manuel Guerra pretende “intensificar neste mes unha actividade que veño facendo dende que tomei a responsabilidade de ser o candidato en 2011”. O líder do PP de Teo está convencido dos bos resultados que propicia para a veciñanza este contacto permanente que mantivo durante toda a lexislatura: “esa cercanía coas persoas residentes en cada lugar do municipio é imprescindible para conseguir unha xestión municipal eficaz e ao servizo da veciñanza”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies