Violento ataque contra a sede da marea veciñal de Touro

0

Touro, 27 de xuño do 2019 – Na madrugada deste martes a sede do grupo municipal da marea veciñal de Touro foi obxecto dun ataque vandálico que puido rematar en traxedia.

marea veciñal de Touro foi obxecto dun ataque vandálicoO autor do ataque empregou presumiblemente un obxecto pesado para cargar contra a cristaleira do local, de grandes dimensións. O impacto fixo que a cristaleira se precipitase encima del causándolle diversos cortes polos que tivo que ser trasladado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Ata o lugar trasladáronse efectivos da garda civil e un equipo de bombeiros. O suceso está sendo investigado.

A marea veciñal tilda estes feitos como antidemocráticos e totalitarios, e afirma que se trata dunha acción que representa a un sector moi minoritario da poboación, xa que a xente do concello caracterízase por ser respetuosa e polo exercicio libre dos dereitos propios dunha sociedade democrática.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial